O pasado 4 de novembro de 2015, 6 integrantes do colectivo Straight
Edge Madrid foron detidxs e acusadxs por parte do tribunal de expeción
da Audiencia Nacional. Durante a súa detención vulneráronse os seus
dereitos como detidxs. O seu único crimen é a súa ideoloxía anarquista,
vegana e en contra de todo tipo de drogas. O seu traballo coñécese por
facer xornadas antiespecistas e festas libres de drogas nas que se
fomenta un ocio alternativo e saudable para a xuventude. A raíz desta
operación represiva catro persoas saíron en liberdade con cargos, con
fianzas entre os 3.000 e os 10.000€, e outras dúas persoas ingresaron en
prisión preventiva sen fianza. Unha delas foi Nahuel, que actualmente
segue secuestrado polo Estado en Réximen F.I.E.S. 3 articulado
(destinado a persoas perigosas ou confliticas). A súa estancia en
prisión está marcada pola excepción, permaneceu en illamento durante 30
días, non lle permiten levar unha dieta libre de ingredientes de orixe
animal, con traslados que foron comunicados ao preso con menos de 24
horas de antelación, e cuxo obxectivo non é outro que a desconexión e
inadaptación de Nahuel. Así como a redución das súas chamadas, o control
das comunicacións e incluso a prohibición de usar o ximnasio. Até
mediados de decembro o proceso estivo baixo segreto de sumario, o que
implicou unha vulneración no dereito á defensa xudicial, por non ter xs
avogadxs coñecemento do que eran acusadxs. Mentres os medios de
comunicación do Réxime, tiñan acceso a información da que nin xs
acusadxs nin xs seus avogados podían acceder. Actualmente o caso está en
proceso de instrucción polo que a investigación segue aberta. A
operación ICE contra SXE Madrid é unha máis das que nos últimos anos se
realizaron contra a mocidade comprometida co cambio social. Existe unha
clara persecución ideolóxica contra a disidencia e estamos segurxs da
inocencia dxs imputadxs. Por todo isto pedimos que a liberdade de
Nahuel e a absolución de todo o resto de implicadxs no caso.
NAHUEL
LIBERDADE
LIBERDADE PRESXS POLITICXS
ABSOLUCIÓN ENCAUSADXS POR LOITAR
No hay comentarios:
Publicar un comentario